RODA DE PRENSA - 12 DE ABRIL DE 2011
1.- A familia de María José Arcos, como xa fixemos o venres á saída do xulgado, queremos amosar a nosa satisfacción pola decisión tomada polo xuíz, que determina que existen indicios suficientes para: en primeiro término deter para que preste declaración en calidade de imputado, e logo enviar a prisión, a don Ramiro Villaverde Gómez como presunto asasino e inductor da desaparición de Maria José Arcos Caamaño. 2.- Creemos que esta decisión se tiña que ter tomado xa hai case 15 anos, pois, sen menoscabo da nova investigación que se está a desenvolver, xá de aquela os indicios eran máis que suficientes:
3.- Dende a familia de María José, e ao fio do que se ten publicado e/ou opinado nestos días, queremos manifestar que en todo momento ó longo de estos case 15 anos, nadie máis que nós ten respectado a presunción de inocencia do hoxe encarcelado, xa que nunca demos os seus datos en ningunha das nosas comparecencias públicas. Pero hoxe é un xuiz o que determina que xa non é unha testemuña senón que ten a condición de imputado. 4.- Que o hoxe imputado ten totalmente intacto o seu dereito de defensa, que como non pode ser doutro xeito a familia de María José respectamos; e dende esa premisa, ainda que o noso desexo era que prestase declaración, sabemos que está en todo o seu dereito a non declarar, por moito que a nós nos disguste. En calquera caso o seu dereito de defensa non ten nin máis nin menos peso que o noso dereito a formular acusación. Tamén é certo que ao noso xuizo puido aproveitar o momento para ar explicacións e dar a súa versión do acontecido nesos días, se cala será por algo. Si se nega de forma reiterada a que se lle practiquen as probas de ADN, será por algún motivo. 5.- Que igualmente ao longo de estes anos temos respectado de xeito máis que escrupuloso á súa familia e o seu entorno, polo que pedimos par nós o mesmo respecto. 6.- Que non somos nós, a familia de María José, os que decidimos o ingreso en prisión de este Sr., que esa decisión foi tomada por un xuíz; decisión que para nós merece toda consideración e respecto, e que dende aquí tamén pedimos 7.- Que temos todo o dereito do mundo a defender á nosa irmá María José, a defender a súa vida e a súa memoria; desgraciadamente ela non está aquí para defenderse pero nós sí e o imos seguir facendo con tódolos medios que teñamos ao noso alcance. 8.- Que queremos pedir prudencia e respecto en relación coas investigacións e a instrución que seguen o seu curso. Somos moi conscientes que isto é somentes un paso máis, e que o proceso pode ser longo e complexo, pero temos ánimo seguir adiante e iso é o que imos facer, solicitando cantas probas tanto tecnolóxicas como testificais consideremos oportunas para abondar máis no que xa hai feito, que por outro lado xa é moito. 9.- Como fixemos sempre, solicitamos a axuda e a colaboración de todas aquelas persoas que consideren que poden aportar algo para o esclarecemento do ocorrido coa nosa irmá. 10.- Finalmente, agradecer a tódolos medios a vosa atención, e paciencia polo trato que á familia nos estades dando, e darlle as grazas de corazón a tódalas persoas que neste días nos están amosando a súa solidaridade e dándonos ánimos. |