COMUNICADO FAMILIA MARÍA JOSÉ ARCOS

Santiago, 15 de abril de 2011.- Ante os últimos acontecementos relativos á desaparición de María José Arcos, agradecemos a atención, o coidado e respecto que os medios de comunicación veñen prestando a este asunto.

Deste xeito, aconsellados en todo momento polo noso representante xurídico, queremos amosar o noso desexo de permanecer ao marxe de calquera declaración pública en tanto proceda a investigación xudicial que se está a realizar co fin de non interferir e obstaculizala.

Lembramos, así mesmo, que na actualidade a única investigación aberta e pola que está imputado e encarcerado Ramiro Villaverde é a que se sigue exclusivamente para esclarecer a desaparición da nosa irmá María José Arcos, polo que pedimos que as informacións se centren no caso aberto.

Para nós, a familia de María José, é prioritario neste momento se aclaren as circunstancias da desaparición da nosa irmá a pesar do consabido custe emocional que isto nos supón. É o momento de que a xustiza actúe e o faga sen presións alleas ao seu propio funcionamento. Non obstante, compareceremos publicamente cando se produzan avances substanciais no proceso.

Do mesmo xeito, amosamos o noso convencemento de que a prudencia e a profesionalidade seguirán a cualificar o tratamento de todas cantas novidades se produzan.